domingo, 24 de março de 2013

Lanzamento dos Poemas do Mundo

"Site" principal dos Poemas do Mundo (World Poems)

Cronograma do vídeo youtube

Vídeo

Mentres por este lares, no CEIP Campolongo,  estabamos con Certame da Camelia, o xoves21 de marzo (quinta feira), na Escola Árvore de Porto -Portugal fíxose o lanzamento do proxecto "Coñecer REDE PEA UNESCO a través de Poemas do Mundo" , onde o noso centro está moi implicado na colaboración e elaboración de poemas. Somos os administradores e colaboradores do blogue Yogote-Lusofonía,  que ben sendo  a plataforma de convivencia (aclaracións, probas, axudas ....) para  para todos os mestres do mundo lusófono (Galiza, Brasil, Portugal, Madeira, Angola, Cabo Verde ...)

O  "Evento 1" foi gravado en directo (sistema hangout) en youtube e realmente comeza no minuto 68 (01:08:10 h)  deste vídeo  (VER CRONOGRAMA),  pois houbo retraso e a cámara estivo gravando  igualmente por estar programado o evento para unha hora antes. Despois da presentación dos distintos representantes das Escolas Asociadas Unesco de España e Portugal e do representante da Xunta de Galicia, o Delegando Territorial de Pontevedra,  recitaron  e cantaron  algúns poemas no código de signos internacionais (Yogote) o alumnado de diferentes centros educativos  particantes  e rematou o evento  coa  presentación da páxina web ou o  Site Principal dos Poemas do Mundo (World Poems).  Neste "site" pódense buscar todos os diferentes poemas de varios xeitos, un deles, moi práctico,  por exemplo é o da etiqueta  "Countries" (por paises).  Como a web principal está en inglés, por ser un proxecto internacional, se buscamos "Spain" iremos a un site onde aparecen diferentes paises de lingua hispana (de momento Andorra, Cuba e España), onde logo dentro de España aparecen as diferentes comunidades autónomas. E logo, clicando en Galicia aparecen as escolas galegas que estamos a partipar cos seus poemas. Recordamos que este  proxecto está na Fase nº 1., A Fase 2ª  será na primeira semana de Xullo, fora do calendario lectivo escolar,  no Congreso que se fai anualmente de Rede de Escolas Asociadas  UNESCO, este ano será en Alicante.

Nenhum comentário:

Postar um comentário